Página principal de PROFESIONALESPCM.ORG Página principal de PROFESIONALESPCM.ORG Afíliate el Partido Comunista de España

Sección: Formación / Educación

Título: Polo ensino publico - Por la enseñanza pública - Sindicato de Trabajadores de Enseñanza de Galicia

Texto del artículo:



O STEG (Sindicato das Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia),
quere manifestar a súa profunda preocupación polo camiño en que se están
levando as negociacións da LOE (Lei Orgánica de Educación).

O STEG xa deixou claro que si observamos a LOE desde a óptica do Ensino
Público, esta era desde o seu anteproxecto, unha lei DECEPCIONANTE,
INSUFICIENTE. Pero é agora, cando afloran os resultados das negociacións
levadas a cabo a pasada semana por Alfredo Pérez Rubalcaba en nome do PSOE e
do goberno, cando a preocupación se fai acuciante.

O goberno acaba de ceder á chantaxe da escola privada-concertada e con elo,
vai facendo os preparativos para o enterro da escola pública. Por moi
alarmante que parezan as nosas manifestacións, realmente non o son. Por elo
nos poñemos en contacto coa organización que vostedes representan, para
transmitirlles a nosa inquedanza e animar a toda a sociedade a que
reflexione sobre o futuro da educación pública. Solicitamos esta reflexión,
porque a educación non só afecta ao profesorado e ao alumnado. A EDUCACIÓN
afecta ao conxunto da sociedade desde o momento en que a escola ten como
misión fundamental contribuir á mellora da sociedade formando unha cidadanía
crítica e responsable. A educación é unha tarefa na que se debe comprometer
toda a sociedade, na medida en que nos comprometamos cunha escola mellor,
teremos unha sociedade mellor.

O mellor garante deste propósito é a escola pública, que non ten outro
interese que formar á cidadanía (cidadáns) no sentido máis amplo da palabra.
Na escola pública non hai ningún interese empresarial, doctrinario nin
privado.

As concesións á privada-concertada abarcan todo tipo de campos, pero os máis
graves son:
• O aumento brutal dos módulos de concerto cando na rede pública non se crea
unha soa unidade máis.
• A eliminación da reserva de praza nos centros concertados.
• O mantenemento do ideario dos centros privados cando son sufragados con
fondos públicos.
• A garantía de concertación dos niveis non obrigatorios “á carta”,
incumprindo o artígo 27 da Constitución, que tanto lles gosta nomear para
algunhas cousas, e que só fai referencia á gratuidade das ensinanzas
obrigatorias.

Preténdense solucionar os problemas de escolarización co aumento das ratios
nas aulas de centros públicos e concertados, sabendo que as ratios altas son
un elemento que vai claramente contra a calidade do ensino. Todo o mundo é
consciente que esta medida é nefasta e, con todo sácase adiante. É
inexplicable que no proxecto da LOE se manteña o mesmo número de alumnos e
alumnas por aula que cando se aprobou a LOGSE, cando o alumnado é moito máis
variado e con moitos máis problemas, e non contentos con isto, presentan
como un avance que as administracións poidan aumentar nun 10% as ratios.
Podendo ter 33 alumnas e alumnos na educación secundaria ou ata 28 en
primaria e infantil. Esta realidade perxudicará enormemente ao profesorado
que verá dificultada a súa tarefa de ensinar e ao alumnado que verá como é
imposible ter unha atención individualizada.

"O servizo público da educación pode ser prestado polos poderes públicos e
pola iniciativa social", «A prestación de servizo público da educación
realizarase a través dos centros públicos e privados- concertados». Así se
recolle na LOE a definición de servizo público colocando as dúas redes en
igualdade de condicións. Cando todas e todos sabemos que un servizo público
é o que o Estado financia e o propio Estado promove. Cando é o estado o que
financia e son outras organizacións as que os promoven, deixa de ser un
servizo público para encadrarse dentro dos intereses privados.

Intentan a partir de agora que a educación sexa unha actividade que ten un
custo e un rendemento, que proporciona un producto asimilable a unha
mercadoría. O Libro Branco da Comisión das Comunidades Europeas resume ben
esta tendencia: “Hai converxencia entre os Estados membros na necesidade
dunha maior implicación do sector privado nos sistemas de educación e/ou de
formación profesional e na formulación das políticas de educación e de
formación para ter en conta as necesidades do mercado....”

Cando se empezan a delegar responsabilidades a unha versión mercantilizada
da sociedade civil, os dereitos dos consumidores comezan a prevalecer sobre
os dereitos da cidadanía.

Estannos poñendo un chan esbaradizo aos pés da escola pública coa
complicidade de diversas organizacións políticas e sindicais. Por iso o STEG
se viu na obriga de convocar a Plataforma Galega en Defensa da Escola
Pública, ante o ataque sufrido a pasada noite do luns 28 de novembro co
acordo asinado entre o goberno e a concertada co apoio de partidos políticos
como CIU, que presume publicamente, xa non o esconden, da súa visión da
escola pública como subsidiaria da privada-concertada. Pero levámonos a
sorpresa de que nin sequera as organizacións presentes nesta plataforma, con
escasas excepcións, son capaces de manifestarse en favor da escola pública.

Estamos nun momento sociopolítico complicado no que se pacta unha lei
educativa por motivos alleos á propia educación. E queremos deixar
rotundamente claro que o STEG sempre estivo reivindicando un pacto social
pola educación, disto son testemuñas os centros educativos públicos galegos,
pero non este pacto. Non un pacto que provoca que se estea preparando o
cadaleito á escola pública. Non a un pacto polo que se queren introducir
medidas mercantís nun dereito fundamental e constitucional como é a escola
pública.

A ESCOLA NON É UNHA EMPRESA

Pensamos que existen razóns máis que suficientes para saír á rúa e
manifestarse en favor dunha escola pública de calidade. Por elo facemos un
chamamento a toda a sociedade para participar na CONCENTRACIÓN DO VINDEIRO
MÉRCORES 14 DE DECEMBRO Á ALTURA DO MARCO (Museo de Arte Contemporáneo) NA
RÚA DO PRÍNCIPE, EN VIGO. Ante a tramitación da lei no Congreso o xoves 15.

Como dicía Gilles Deleuze nunha entrevista con Toni Negri na primaveira de
1990, “Quéresenos facer crer nunha reforma educativa da escola pública,
cando se trata dunha liquidación”.

As cursivas son do STEG.

SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

Artículo de www.profesionalespcm.org insertado por: El administrador web - Fecha: 12/12/2005 - Modificar

Comparte el artículo en las REDES SOCIALES: delicious Delicious | meneame Meneame | facebook Facebook | twitter TWITTER | Technorati | barrapuntoBarrapunto
Próximamente disponible también para * Digg * Google Bookmarks* Wikio * Bitacoras.com * Reddit * * RSS * Technorati * Tuenti
Accedido o leido aproximadamente 853 veces desde 20/01/2008

Sitio Web del Núcleo de Profesionales y Técnicos del Partido Comunista de Madrid PCM/PCE- http://www.profesionalespcm.org 
Actualizado a 24/03/24
Los comentarios y colaboraciones son bienvenidos
(comunistas_ARROBA_profesionalespcm_PUNTO_org): Carta a comunistas_ARROBA_profesionalespcm_PUNTO_org
Envíanos tu colaboración, o comentarios vía formulario.
¡¡AFÍLIATE EL PARTIDO COMUNISTA DE MADRID - PCE
!

BÚSQUEDAS en este sitio web
AGREGADOR - SINDICACIÓN DE NOTICIAS RSS RDF XML DE PROFESIONALESPCM.ORG - SYNDICATE OUR NEWS - Content FeedsAGREGADOR - SINDICACIÓN DE NOTICIAS RSS RDF XML DE PROFESIONALESPCM.ORG - SYNDICATE OUR NEWS - Content FeedsAgregador RSS de noticias y contenidos - Aquí OTRA VERSIÓN DEL AGREGADOR RSS XML  AGREGADOR - SINDICACIÓN DE NOTICIAS RSS RDF XML DE PROFESIONALESPCM.ORG - SYNDICATE OUR NEWS - Content FeedsAGREGADOR - SINDICACIÓN DE NOTICIAS RSS RDF XML DE PROFESIONALESPCM.ORG - SYNDICATE OUR NEWS - Content Feeds

IMPRIMIR Imprimir ESTA PAGINA (sólo si es imprescindible)  

Secciones: 
    [11-M Terror y Manipulación]  [15M, SUMAR, mareas, unidad popular, PAH]  [Acta Moderna]  [África]  [Anarquismo]  [Antiglobalización]  [Antivirus, Seguridad Informática]  [Archivo Sonoro, música y vídeo]  [Argentina]  [Bibliografía/Citas]  [Brasil]  [CC.OO.]  [CGT]  [Chile]  [China, R.P.]  [Ciencia]  [Cine]  [Colombia]  [Congresos]  [Contactos]  [Convenios Colectivos]  [Convocatorias]  [Convocatorias defensa FERROCARRIL]  [Correo recibido]  [CORRUPCIÓN, puertas giratorias,impuestos, transparencia]  [Cuba Socialista]  [Documentos militante IU/ PCE]  [Documentos, opinión, debate]  [Ecologismo, Movilidad y Soberanía Alimentaria]  [Economía]  [El Problema Español]  [Empleo (ofertas)]  [Enlaces]  [Esperanto]  [Estados Unidos de América]  [Europa]  [FIRMAS DE APOYO A MANIFIESTOS]  [Formación / Educación]  [Foro/Lista de Correo]  [Fotografías]  [Huelga General]  [Humor]  [Infancia / Juventud]  [Legislación]  [Literatura y otras Artes]  [Marxismo]  [Memoria Histórica]  [México]  [Movimiento Obrero/Mundo del Trabajo]  [Mujer / Feminismo]  [Mundo Insurgente]  [No Fumar /Derecho Fumadores Pasivos]  [Organigrama]  [Palestina]  [Plan de Trabajo]  [Prensa / Medios comunicación]  [Profesionales y Comunistas]  [República Española, La Tercera y Socialista]  [Resoluciones]  [Rusia, URSS, Centenario Revolución Soviética]  [Sáhara Occidental]  [Salud]  [Sexualidad y mundo gay]  [SIDA]  [Software y Conocimiento Libre]  [Venezuela Bolivariana]  [Yugoslavia y la autogestión socialista]
Volver a la página principal de www.profesionalespcm.org

Volver a la página de inicio
Código QR para dispositivos móviles:


Novedades

     ¡ PINCHA AQUÍ PARA VER LISTADO COMPLETO Y CRONOLÓGICO DE LAS NOVEDADES PINCHA AQUÍ PARA LISTADO COMPLETO Y CRONOLÓGICO DE LAS NOVEDADESPINCHA AQUÍ PARA VER LISTADO COMPLETO Y CRONOLÓGICO DE LAS NOVEDADES

MANIFIESTO DEL PROYECTO SUMAR:

Página principal de www.profesionalespcm.orgINCLUYE EL BANNER EN TU SITIO WEB   PCE
Recomendado reproducir material citando su procedencia. Esta publicación es copyleft. Puede ser copiada sin ninguna restricción siempre que se mantenga esta nota. Apostamos por una Internet para todos y por el Software Libre EL NÚCLEO DE PROFESIONALES Y TÉCNICOS DEL PCM SE IDENTIFICA Y HACE RESPONSABLE EXCLUSIVAMENTE DE LOS TEXTOS INCLUIDOS EN ESTE SITIO WEB, QUE FIRME COMO RESOLUCIONES O COMUNICADOS DE LA MISMA. Todos los datos públicos de este sitio web están tomados de la Red o enviados por sus creadores, su único fin es divulgar la noticia, nunca apropiarse de textos y fotos, Siempre publicamos  la fuente cuando es conocida



Blog de debate NEURONASROJAS.profesionalespcm.org

Muro en Facebook NEURONASROJAS de profesionalespcm.org


Canal en YouTube de profesionalespcm.org

Sitio desnuclearizado, camapaña de Ecologistas en Acción
Sitio desnuclearizado, campaña de Ecologistas en Acción


NO PAGUES LA CRISIS

NO A LA GUERRA: El Partido Comunista de España condena el ataque de la Federación Rusa a Ucrania-
NO A LA GUERRA


NO AL CANON DE CDs DE LA SGAE
NO A LAS PATENTES DE SOFTWARE

No acepto ser fumador pasivoEl humo ambiental del tabaco mata. No fumes en lugares comunes
GRACIAS POR NO FUMAR EN LUGARES COMUNES
EL COCHE DEVORA A TU CUIDAD, TU PLANETA Y TUS AMIGOS, APARCA EL COCHE PARA SIEMPREAPÁRCALO PARA SIEMPRE